COAFOR, creouse o 24 de Abril de 1.992, por un grupo de gandeiros que estaban funcionando en conxunto dende o ano 1.987, coa idea de solucionar en conxunto os distintos problemas individuáis que tiñan as explotacións gandeiras. Esta cooperativa está situada na zona norte da provincia de Pontevedra, está formada por gandeiros dos concellos de Forcarei e Silleda.